Cargando resultados...
Pablo Durán resolve cun gran gol o partido do Compostela
G24.gal
12/12/2021 20:13
A entrada de Pablo Durán na segunda metade mudou a faciana do Compostela que se impuxo por 1-0 ao Langreo cun golazo do dianteiro tomiñés.
Logo dun primeiro tempo insulso, sen ocasións,. o Compos meteulle máis ritmo á segunda metade. Comezou cun remate co peito do propio Durán e culminouna o dianteiro cunha gran acción individual e un remate pegado ao pau que marcou a difereza.
Terceiro triunfo consecutivo do Compostela que se asenta entre os mellores da clasificación.