Quedan menos de 24 horas para o Cádiz-Celta. Por Zona mixta pasou un 'infiltrado' na directiva da Federación de Peñas do Cádiz. O apelido pode enganar pero é galego, moi galego, de Cariño, Pablo Bugliot
"Levo 27 anos aquí. Somos moi viaxeiros, se non es quen de pasar 12 horas nun bus, non ten sentido apuntarte a isto. Irei co Cádiz, estamos máis necesitados de puntos"
"Aquí en Cádiz coincidimos cos galegos en que nos gusta cantar, o fútbol e o entroido. Pero aquí se o equipo loita e xoga ben, non preocupa tanto a derrota. Cambiamos o 'speaker' aquí esta semana. Iso si, desde que lle cambiamos o nome ao estadio, non gañamos nin para atrás"
"Imos recibir o equipo cunhas camisetas negras ou así, pero non podo contar máis porque nolo tiran abaixo. Non temos a sorte de ter un Aspas, a ver se o meu paisano Lucas Pérez nos soluciona algo"
"Estamos ilusionados con Sergio, pero claro, o adestradores son os primeiros que caen, non van botar aos 24 xogadores. Cando se meten co meu acento galego dígolles que non son de aquí, que son de Chiclana"