Confunden dous cadáveres e incineran o dun home que ía ser enterrado en Málaga
Confunden dous cadáveres e incineran o dun home que ía ser enterrado en Málaga
Os seus corpos xuntáronse en Cádiz, onde se lles practicou a autopsia
Cando os empregados da funeraria se decataron de que o corpo que ían trasladar era o dunha muller, o home xa fora incinerado
Confunden dous cadáveres e incineran o dun home ao que a súa familia agardaba para velar e enterrar en Málaga. O erro tivo lugar no Instituto de Medicina Legal de Cádiz e a Junta de Andalucía abriu unha investigación para aclarar o acontecido.
Morreron en distintos puntos da provincia, pero os seus corpos acabaron xuntos para practicarlles a autopsia no Instituto de Medicina Legal de Cádiz. Foi aquí onde se confundiron as identidades. Un erro que afectou as últimas vontades dos finados.
O home, orixinario de Málaga, quería ser enterrado xunto a súa nai. Alí agardábao a súa familia para velalo cando os empregados da funeraria se decataban de que o cadáver que ían trasladar era o dunha muller de avanzada idade á que estaba previsto cremar. Cando alertaron da confusión, o corpo xa fora incinerado.
A familia do home xa denunciou os feitos. A Junta investiga que fallou e revisarán os protocolos para evitar que situacións coma esta poidan volver repetirse.