Localizan un corpo sen vida flotando no mar en Cambados
Localizan un corpo sen vida flotando no mar en Cambados
Atopouno un particular nas inmediacións do paseo marítimo de San Tomé
Localizaron un cadáver flotando no mar en Cambados na tarde deste venres, segundo informou o 112.
Sucedeu na praia de San Tomé, que se atopa á beira do paseo marítimo, e foi un particular quen, sobre as 16:30 horas, informou a Emerxencias de que vía o corpo dunha persoa flotando a poucos metros da area e advertía da posibilidade de xa estivese falecida.
Os servizos de emerxencias rescataron rapidamente á vítima, para a continuación practicarlle manobras de reanimación. A pesar dos esforzos, só puideron confirmar o seu falecemento.
🔴 #AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dunha persoa flotando no mar en Cambados.
— 112 Galicia (@112Galicia) November 29, 2024
📍 Paseo marítimo, Santo Tomé.
➡️ Foi localizado por un particular contra as 16:30h.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, Policía Local e Protección Civil de Cambados. pic.twitter.com/nJgyuoYt9j
Desprazáronse ata o lugar os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Cambados.