Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sementan por primeira vez en Galicia berberecho criado nunha granxa

Sementan por primeira vez en Galicia berberecho criado nunha granxa

A confraría de Noia agarda que o bivalvo consiga o tamaño comercial para a campaña vindeira

Sementeira de berberecho en Noia
G24.gal 29/11/2024 19:44 Última actualización 29/11/2024 20:00

Na ría de Muros e Noia sementaron por primeira vez en Galicia berberecho criado en catividade. Agora quedan pendentes da evolución no mar desa semente saída do criadeiro de Outes. Agardan que o bivalvo consiga o tamaño comercial para a próxima campaña, contra o mes de outubro.

Foron 370.000 unidades as que sementaron fronte ao porto do Freixo, nunha zona balizada, na que non están a traballar, e a pouca profundidade, por onde adoitan andar os mariscadores de a pé. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade