Os lobos matan un poni na granxa escola Belelle
Os lobos matan un poni na granxa escola Belelle
Outros dous cabalos conseguiron fuxir, aínda que un deles quedou ferido
Os lobos mataron un dos ponis da granxa escola Belelle, en Neda, na noite do domingo. Nin os peches nin o pastor eléctrico evitaron que os lobos baixaran á granxa. Con todo, parece que este non foi o único, pois tres días antes atacaran unhas ovellas nunha parcela próxima.
Un dos ponis, que levaba na granxa máis de 20 anos, non sobreviviu e os outros dous, máis novos, conseguiron escapar. Con todo, a femia ten varias feridas, das cales aínda se está a recuperar. Nesta granxa é a primeira vez que sofren o ataque de lobos.
A preocupación de que volvan os lobos está presente, por iso os responsables da granxa chegan cada mañá con medo do que poidan atopar, pois aquí conviven moitos animais entre cabalos, cabras, burros e mesmo un dromedario e unha llama, entre outros.
Non foi o único ataque de lobos na zona, pois dinnos que xa no verán e o mesmo venres estes animais atacaron as ovellas e cabras dunha parcela próxima.