Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha parella británica instálase en Vilalba para montar unha granxa de alpacas

Unha parella británica instálase en Vilalba para montar unha granxa de alpacas

De momento teñen nove exemplares e a súa intención é crialas e organizar visitas 

Os animais pacen en varias parcelas ao pé da casa

G24.gal 14/08/2024 14:38

O amor polas alpacas levou a Tony e Lauren a crear unha granxa en Lanzós, unha parroquia de Vilalba. Teñen nove exemplares, cinco femias e catro machos. Os donos deixaron atrás a súa vida no Reino Unido para levar a cabo esta iniciativa, coa que xa levan un ano en activo.

A súa intención é aproveitar a la das alpacas, pero tamén programan visitas e estancias máis longas para os que queiran convivir con estes animais. Queren espallar o cariño que senten polas súas alpacas. Para Lauren, son como pequenos.

As alpacas pastan nas parcelas que Tony e Lauren lles teñen preparadas ao pé da casa. Van rotando para que nunca lles falte alimento. Son tímidas e desconfiadas mentres non coñecen, pero din que cando as chaman polo seu nome reaccionan.

Tony e Lauren confían en continuar aumentando a granxa e invitan a quen se achegue polo lugar a coñecer as súas alpacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade