Publicador de contidos
Publicador de contidos

Granxa Campomayor pon en marcha en Lugo unha planta de ovoelaborados

Granxa Campomayor pon en marcha en Lugo unha planta de ovoelaborados

Proxecto de innovación con ovos cociñados a baixa temperatura

Campomayor comercializa a diario un millón de ovos

G24.gal 02/07/2024 14:48

Ovos semellan frescos, pero están cociñados a baixa temperatura, é o produto estrela que está a impulsar granxa Campomayor. Polo momento o seu principal mercado é a hostalería e comercializan mensualmente 300.000 ovos cociñados xa na súa propia casca.

"Fisicamente vémolo igual que un ovo corrente pero está cociñado dentro da propia cáscara, a clara está melosa e a xema cremosa. É un ovoproduto, está pasteurizado, e ten unha caducidade de 35 días", sinala Rodrígo García, director comercial de Granja Campomayor.

Campomayor acaba de pór en marcha en Lugo unha nova planta de procesamento, envasado e conservación de ovos a baixa temperatura pero traballan xa e outros ovoelaborados. Tras esta empresa hai 80 anos de historia e catro xeracións que non paran de innovar.

"Eu son a terceira xeración, dous dos meus fillos están plenamente incorporados e é un orgullo ver como vai avanzando a empresa. O que nos apaixona é facer cousas diferentes cun produto tan básico como é o ovo", explica María Caridad García Busto, CEO de Granja Campomayor.

Granxa Campomayor representa o 46 % da produción de ovos de Galicia e comercializa a diario un millón de ovos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade