Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez busca en Davos atraer investimentos para España

Pedro Sánchez busca en Davos atraer investimentos para España

O presidente do Goberno reúnese no foro económico con directivos de tecnolóxicas e enerxéticas

Sánchez destaca a xestión económica do Executivo como baza para as eleccións Xerais

G24.gal 17/01/2023 14:55

O presidente do Goberno reuniuse con empresarios españois e ten previstos encontros cos directivos de varias multinacionais enerxéticas e tecnolóxicas, así como cos responsables de grandes fondos de investimentos. Sánchez destacou a "fortaleza e solvencia" da economía española.

O xefe do executivo defendeu as súas medidas contra a inflación e amosouse convencido de que os datos económicos son a súa principal baza con vistas ás eleccións xerais.

"Creo que neste contexto tan incerto en que se atopa a Unión Europea debido á guerra de Ucraína, penso que os logros e o desenvolvemento económico positivo de España son unha das nosas principais bazas, así que estamos confiados", dixo Pedro Sánchez nunha entrevista á televisión estadounidense NCBC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade