Pedro Sánchez viaxará o luns a Ucraína para "reafirmar" o seu apoio a Zelenski
Fíxoo mediante unha concisa mensaxe difundida na rede X, onde o xefe do Executivo explica que o luns estará en Ucraína para dar o seu apoio ao mandatario ucraíno

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que o vindeiro luns viaxará a Kiev para "reafirmar o apoio de España á democracia ucraína" e ao presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski.
Fíxoo mediante unha concisa mensaxe difundida na rede X, onde o xefe do Executivo explica que o luns estará en Ucraína para dar o seu respaldo ao mandatario ucraíno.
El lunes estaré en Kyiv para reafirmar el apoyo de España a la democracia ucraniana y al presidente @ZelenskyyUa.#SlavaUkraini
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) February 20, 2025
A súa visita ten lugar nun momento crítico da guerra de Ucraína, cando os países europeos non logran poñerse de acordo sobre como actuar ante a ofensiva do presidente dos EUA, Donald Trump, que quere negociar a paz directamente con Rusia, sen contar con Ucraína, e que chegou a cualificar de "ditador" a Zelenski, ademais de responsabilizarlle do inicio do conflito.