Publicador de contidos
Publicador de contidos

Permanece hospitalizado e fóra de perigo o mozo acoitelado en Cee

Permanece hospitalizado e fóra de perigo o mozo acoitelado en Cee

O rapaz tivo que ser intervido cirurxicamente tras ser apuñalado no abdome na zona da Alameda 

A agresión podería estar relacionada cunha débeda económica

G24.gal 06/01/2025 10:52 Última actualización 06/01/2025 16:12

As forzas de seguridade investigan o acoitelamento sufrido na tarde deste domingo por un rapaz no concello coruñés de Cee. Foi apuñalado no abdome na zona da Alameda e atendido por efectivos das forzas de seguridade que participan na Cabalgata de Reis.

O rapaz tivo que ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee onde foi intervido cirurxicamente. A rexedora, Margarita Lamela, confirmáballe de madrugada á Radio Galega que o mozo está ben e fóra de perigo. Permanece ingresado en planta e, segundo fontes consultadas por Europa Press, evoluciona favorablemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar