Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo recital futbolístico dun Pontevedra que continúa co idilio copeiro (3-0)

Novo recital futbolístico dun Pontevedra que continúa co idilio copeiro (3-0)

O Mallorca, último finalista do torneo, foi un xoguete nas mans do equipo de Yago Iglesias

Dalisson, Yelko e Rufo marcaron os goles dos granates

G24.gal 03/01/2025 20:01 Última actualización 03/01/2025 20:47

Continúa o idilio copeiro do Pontevedra. Pasoulle por riba ao último finalista do torneo, un Mallorca que non se enterou do partido contra un equipo granate moi superior, que marcou tres goles e mereceu facer algún máis. 

O primeiro tempo repetiu o guión dos partidos anteriores do Pontevedra contra equipos de La Liga. Non lle pesou a diferenza de categoría e levou o mando do encontro desde o comezo. Acumulou o 75% da posesión, chegou á área contraria en innumerables ocasións e marcou grazas a un lanzamento descomunal de Dalisson desde trinta metros. O Mallorca só gozou dunha boa ocasión, nas botas de Abdón Prats. A única mala nova foi a lesión de Chiqui, substituído por Álex González. 

Na primeira xogada da segunda parte Yelko Pino incrustou unha bolea na escadra noutro golazo que ergueu o público das bancadas ateigadas de Pasarón. Arrasate meteu todo o que tiña no banco -Larin, Dani Rodríguez e Muriqi- pero o que chegou foi o terceiro gol cunha xogada de oportunista de Rufo. Levante, Vilarreal e agora o Mallorca caeron en Pontevedra e agora agardan un novo rival de Primeira División. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar