Morata mete a España nas semifinais da Liga das Nacións cun gol no último minuto
Portugal e España aburriron as ovellas durante unha hora, pero a selección española botouse ao ataque no treito final e acadou o gol que precisaba
Os de Luis Enrique acompañan a Croacia, Italia e os Países Baixos
España estará nas semifinais da Liga das Nacións ao conseguir o triunfo que precisaba diante de Portugal (0-1). O partido tivo moi pouca ambición ofensiva ata os últimos vinte minutos, cando a selección española decidiu arriscar. No 88, Morata empurrou á rede unha deixada coa cabeza de Nico Williams, e España acompañará a Croacia, Italia e os Países Baixos nas roldas finais.
O primeiro tempo resúmese en datos. España tivo case un 75 % de posesión e multiplicou por catro o número de pases do seu rival. Se atendemos aos tiros a portería, con toda esa posesión a selección española non deu tirado nin unha soa vez. Portugal tampouco é que fixera moito, pero Unai Simón tivo que empregarse a fondo nun remate de Diogo Jota e respirou aliviado cando un lanzamento de Bruno Fernandes marchou rozando a escuadra.
¡¡¡UNAI SIMÓN DE MÍ VIDA!!!
— Teledeporte (@teledeporte) September 27, 2022
⚽️Vaya mano del portero español. Salva el empate con esta acción.
🇵🇹 Portugal 0-0 España 🇪🇸
📺@La1_tve
💻@rtveplay#NationsLeague pic.twitter.com/zREF1YA3E3
O adestrador asturiano sabía que por ese camiño ía ser imposible marcar un gol e foi metendo trocos na segunda parte buscando algo máis de profundidade. Entraron Busquets, Gavi e Pedri no centro do campo, con Pino e Nico Williams para desbordar polo extremo.
O encontro non se animou ata o 68, cando Carvajal sacou baixo paus un remate de Ruben Dias. No 70 avisaba Morata no primeiro remate español a porta de todo o partido. Morata volveu probar sorte pouco despois obrigando a Diogo Costa a facer unha grande intervención e Williams tamén o tentou.
Todo parecía perdido, pero España insistía no seu ataque. E no 88, un centro sobre a área consegue tocalo Nico Williams para Álvaro Morata, que empurrou á rede o gol da clasificación.
⚽️GOL GOL GOOOOLLLLL GOL DE ESPAÑA⚽️
— Teledeporte (@teledeporte) September 27, 2022
⏱️Minuto 88 y Morata que marca el gol que podría darle a España la clasificación para la Final Four de la #NationsLeague
🇵🇹 Portugal 0-1 España 🇪🇸
📺@La1_tve
💻@rtveplay pic.twitter.com/UEDHowBSu3