Publicador de contidos
Publicador de contidos

Putin di que Zelenski non está lexitimado para asinar a paz con Rusia

Putin di que Zelenski non está lexitimado para asinar a paz con Rusia

Consisdera que o seu mandato expirou o pasado mes de maio e que que a Constitución ucraína non permite ao presidente ampliar o seu mandato nin durante a vixencia dunha lei marcial

G24.gal 28/01/2025 21:02

O presidente de Rusia Vladimir Putin afirmou este martes que o líder ucraíno Volodimir Zelenski non está facultado para asinar a paz con Rusia, xa que o seu mandato expirou o pasado maio.

"Negociar pódese con calquera, pero debido á súa ilexitimidade, el (Zelenski) non ten dereito a asinar nada", dixo o xefe do Kremlin nunha entrevista co presentador da televisión estatal rusa Pavel Zarubin.

Putin agregou que se trata dun asunto "moi serio", posto que o futuro acordo debe "garantir a seguridade tanto de Ucraína como de Rusia" a longo prazo.

"Non pode haber nin un só erro", subliñou, e agregou que a Constitución ucraína non permite ao presidente ampliar o seu mandato nin durante a vixencia dunha lei marcial no país.

Esta non é a primeira vez que o xefe do Kremlin fala da falta de facultades de Zelenski para negociar con Rusia, a diferenza do presidente da Rada Suprema (o Parlamento) ucraíno.

Á vez, nesta ocasión, Putin asegurou que Zelenski tampouco pode derrogar a lei que lle prohibe negociar co líder ruso, xa que tamén carece de facultades para iso.

Segundo Putin, cando se asinou o decreto que prohibe negociacións con Rusia, Zelenski era "relativamente lexítimo", pero agora o presidente ucraíno non pode anulalo, porque "é ilexítimo".

As novas declaracións do líder ruso prodúcense á espera do primeiro contacto telefónico entre Putin e o presidente estadounidense Donald Trump, en que o conflito de Ucraína será, segundo se espera, o principal tema de conversación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade