Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rácing Vilalbés e Ourense C. F. ratifican o bo inicio cun empate na Magdalena

Rácing Vilalbés e Ourense C. F. ratifican o bo inicio cun empate na Magdalena

Quico adiantou aos chairegos cunha boa cabezada

Alberto Gil empatou logo dun penalti moi discutido

G24.gal 21/10/2023 17:59

Rácing Vilalbés e Ourense Club de Fútbol empataron a un gol nun partido disputado, pero con poucas ocasións claras na Magdalena.

O Rácing Vilalbés tirou proveito da súa primeira grande ocasión. Logo dunha boa parada de Marqueta, o balón acababa en córner. No saque ergueuse maxestoso Quico para enviar o balón á rede cunha potente cabezada.

A ocasión máis clara do Ourense C. F. foi un disparo de lonxe que o árbitro invalidou porque lle bateu o balón.

Na segunda parte entrou mellor o cadro local, que dispuxo da primeira grande ocasión aos 20 segundos. Despois, José Varela recibía un bo balón que non era quen de enviar á portería.

E, cando mellor parecía estar o Vilalbés, o Ourense acadou o empate. Foi nun envío lateral a Álex Gil, que caeu na área diante de Quico. O árbitro sinalou penalti, moi discutido polos locais. Alberto Gil non perdoou e estableceu o empate a uns.

E puido levar a vitoria o cadro das Burgas, que dispuxo das mellor ocasións no tempo engadido. Un remate de Jerín a centro de Alberto Gil, que sacou cunha man espectacular Santomé. E outro remate de Gabri Palmás que volveu salvar o porteiro, aínda que o árbitro deu saque de portería. Empate na Magdalena que mantén aos dous equipos na zona nobre da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos