Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafa Nadal, positivo por covid-19 tras xogar en Abu Dhabi

Rafa Nadal, positivo por covid-19 tras xogar en Abu Dhabi

O tenista deu a coñecer a súa situación a través dun fío publicado en Twitter: "Estou a pasar uns momentos desagradables, pero confío en ir mellorando aos poucos"

O rei Xoán Carlos dá negativo na proba PCR realizada tras manter un encontro co tenista

G24.gal 20/12/2021 12:11

A nova onda da pandemia segue batendo con forza no mundo do deporte. Esta vez foi Rafa Nadal, recentemente saído da súa derrota no partido de exhibición en Abu Dhabi, o que comunicou que deu positivo nunha proba PCR para a detección da covid.

O tenista deu a coñecer a súa situación a través dun fío publicado en Twitter. "Estou a pasar uns momentos desagradables, pero confío en ir mellorando aos poucos. Agora estou confinado na casa e informei do resultado as persoas que estiveron en contacto comigo”, informou Nadal. A estrela tamén explicou que agora deberá ter "total flexibilidade" co seu calendario e que irá analizando as súas opcións dependendo da súa evolución.

O rei Xoán Carlos da negativo na PCR

O rei Xoán Carlos I deu negativo na proba PCR realizada tras o xantar que mantivo con Rafa Nadal.  O monarca acudiu a ver o partido da semifinal do  Mubadala World Tennis Championship no Centro Internacional de Tenis Zayed Sports City de Abu Dabhi e foi cando mantivo un encontro co tenista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade