Remata o Festival da Luz cun "éxito absoluto"
Remata o Festival da Luz cun "éxito absoluto"
Con máis de 30 horas de música en directo, acudiron entre os tres días unhas 35.000 persoas
Segundo a organización, levan recadado máis dun millón de euros
A recadación desta edición estará destinada á Asociación Galega de Afectados pola ELA
Foron tres días do Festival da Luz, en Boimorto, nos que se mesturaron música, diversión e moita solidariedade.
"Xa viñemos moitos anos porque é un festival moi familiar onde se coñecen grupos aos que non tes alcance aquí en Galicia, ten un cartel que nos gusta moito", di un asistente.
A súa anfitrioa, Luz Casal, xunto con outros 55 artistas máis, ofreceron un espectáculo dividido en catro escenarios principais. Entre leiras de millo e con máis de 30 horas de música en directo acudiron entre os tres días, segundo a organización, unhas 35.000 persoas.
"Estaba a tope, a xente entregada"; "Vimos apoiar e está moi chulo e nos divertimos moito", aseguran outros.
A recadación desta edición estará destinada á Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica.
A organización fala de éxito absoluto.
"Afluencia masiva, todo saíndo ben, e xa cunha recadación de máis dun millón de euros para esta causa tan bonita, que máis podemos pedir", destaca Farruco Castromán, director do Festival da Luz.
Esta segue a ser despois de trece anos unha cita ineludible
Entre os encargados de poñer o punto final ao festival este domingo están Mago de Oz, Marlena ou Grande Amore.