Cargando resultados...
Remontada e triunfo de prestixio do Arousa no campo do Ceares (1-4)
G24.gal
14/11/2021 14:47
Gran vitoria do Arousa no campo dun rival directo como o Ceares por 1-4. Máis mérito tivo porque comezou adiantándose o equipo local cun gol de Aitor Elena. Antes do descanso, Nuño e Porrúa marcaron para darlle a volta ao partido.
Xa no segundo tempo, Luismi e o propio Nuño, xogador asturiano que asinou un dobrete, puxeron o 1-4 definitivo.