Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retoman a marcha os seis camións con pas eólicas que estaban bloqueados en Pedrafita

Retoman a marcha os seis camións con pas eólicas que estaban bloqueados en Pedrafita

Segundo o ministerio de Transportes, a empresa encargada do traslado non lles enviou ata as dúas desta tarde o estudo de viabilidade xeométrica necesario para circular

G24.gal 26/01/2024 19:21 Última actualización 26/01/2024 19:39

O convoi especial de 600 metros, formado por seis camións con aeroxeradores, que estivo parado tres días no viaduto de entrada a Galicia pola A-6, retomou a súa marcha este venres.

Segundo a empresa encargada do transporte, tiñan un permiso vixente pero que prevía o paso por un desvío que desapareceu coa apertura do novo viaduto.

Atribuíron a parada a  un problema burocrático do que culpaban a administración e que estaba atrasando o embarque da carga.

"Ademais dos gastos directos destas 18 persoas en Pedrafita temos aquí un barco que vai cargar estas pas con destino aos Estados Unidos que ten unhas perdas de 30.000 euros ao día e que van ser repercutidas ao cliente das pas eólicas", di Manuel Castro, responsable de loxística de Pérez Torres Marítima.

Finalmente o convoi puido seguir o seu camiño ata Ferrol.

Segundo o Ministerio de Transportes, fixeron un grande esforzo para emitir nun tempo récord o informe que autorizaba o seu paso polo novo viaduto porque a empresa encargada do transporte non lles enviou ata as dúas da tarde o estudo de viabilidade xeométrica necesario.

Aseguran que a circunstancia que mantivo parado o convoi en Pedrafita foi inusual e allea ao ministerio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade