Cargando resultados...
Reyes perde a semifinal e volve a Galicia cun bronce histórico
Reyes perde a semifinal e volve a Galicia cun bronce histórico
Hai 47 anos da última medalla dun boxeador español nun mundial
G24.gal
05/11/2021 11:03
Enmanuel Reyes non poderá loitar pola medalla de ouro no Mundial de boxeo que se está a celebrar en Belgrado.
O boxeador hispano-cubano, residente na Coruña, perdeu a súa semifinal diante do italiano Aziz Muhaidinne aos puntos. O resultado foi de 4-1 para o púxil transalpino nunha mala noite de Reyes. Así e todo, volverá a Galicia cunha medalla de bronce, un éxito que non acadaba un boxeador español desde hai 47 anos.