Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roberto Olabe apuntala o centro do campo do Deportivo

Roberto Olabe apuntala o centro do campo do Deportivo

Comezou a temporada pasada no Éibar e en xaneiro marchou ao Alcorcón

G24.gal 07/07/2022 20:15

O Deportivo anunciou a quinta fichaxe pensando no retorno á Segunda División. Roberto Olabe, procedente do Alcorcón, chega a Riazor para reforzar o centro do campo. Un xogador con moitos quilómetros na categoría de prata do fútbol español e que asina ata o ano 2024. 

Fillo de Olabe, porteiro da Real Sociedade e do Salamanca entre outros equipos, comezou nas categorías inferiores da Real a súa traxectoria. Pasou polo filial do Atlético de Madrid e o Estremadura ata que en 2019 asinou co Éibar. Non puido consolidarse en Primeira e foi cedido a varios equipos (Albacete, outra vez no Estremadura ou o Tondela portugués) ata que en xaneiro do ano pasado rescindiu o contrato co conxunto vasco e marchou ao Alcorcón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos