Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anima a mocidade da Galicia exterior a manter o vínculo coas súas raíces

Rueda anima a mocidade da Galicia exterior a manter o vínculo coas súas raíces

O presidente da Xunta reuniuse en Bos Aires con membros da colectividade galega

Este domingo viaxa ao Uruguai, onde vai ser recibido polo presidente do país

Participantes no programa "Conecta co Camiño" en Bos Aires
G24.gal 08/03/2025 17:34 Última actualización 08/03/2025 18:21

Terceira e última xornada do presidente da Xunta na Arxentina antes de viaxar este domingo ao Uruguai, onde vai ser recibido polo presidente. Alfonso Rueda reuniuse en Bos Aires con membros da colectividade galega.

No acto de entrega de diplomas ás persoas participantes no programa Reencontros con Galicia, puxo en valor o papel desta comunidade, como "embaixadora de Galicia para as futuras xeracións".

O mandatario galego, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asegurou que Galicia é un referente no retorno e a integración de emigrantes.

Segundo dixo, a estratexia Galicia Retorna non é só unha política de regreso, senón tamén de "recoñecemento".

"Unha retribución a quen nunca deixou de sentirse galego a pesar de estar lonxe das súas orixes".

No marco desta estratexia, Reencontros con Galicia ten como finalidade facilitar que a cidadanía maior de 65 anos residente no territorio americano poida reencontrarse coas súas raíces e coñecer os enclaves máis emblemáticos da comunidade.

Nesta edición participaron 200 persoas, das que 85 eran da Arxentina. Rueda lembroulles que "Galicia sempre será a súa terra", facendo fincapé nas "oportunidades e apoios" que ofrece se desexan retornar.

Conecta co Camiño

Tras este acto, Alfonso Rueda acudiu ao Club Español de Bos Aires, para participar na entrega dos certificados da iniciativa Conecta con Galicia, e as Compostelas aos 60 mozos e mozas que peregrinaron a Santiago co programa Conecta co Camiño.

O titular do executivo galego asegurou que esta experiencia, ademais de fortalecer a identidade, abre as portas "a novas oportunidades de desenvolvemento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade