Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Rueda destaca a importancia da empatía no liderado político

Alfonso Rueda destaca a importancia da empatía no liderado político

O presidente da Xunta participou no Festival Solidario No Solo Coaching que se celebrou esta fin de semana en Santiago 

G24.gal 06/04/2025 21:03 Última actualización 06/04/2025 21:42

O presidente da Xunta participou no Festival Solidario No Solo Coaching, un encontro que reuniu en Santiago relatores especializados en formación persoal, desenvolvemento emocional e motivación profesional.

Alfonso Rueda destacou a importancia da empatía no liderado político e, en xeral, na vida cotiá.

"Empatizar coa xente á que te dirixes, poñerte no lugar de tanta xente que te está escoitando e que probablemente non pense o mesmo ca ti  e, se o pensa, probablemente sexa por outras razóns". 

Na xuntanza, Rueda entregou o Premio Ciencia e Humanismo, que este ano distinguiu a investigadora Nazareth Castellanos, a escritora Sonia Fernández-Vidal e, a título póstumo, ao empresario Gustavo Bertolotto.

O presidente do Goberno galego recoñeceu o labor do Instituto Ben Pensante e a Fundación Vicente Ferrer, promotores do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade