Rueda tende a man ao resto de autonomías, incluídas as socialistas, para defender un financiamento xusto
Rueda tende a man ao resto de autonomías, incluídas as socialistas, para defender un financiamento xusto
Rueda tende a man ao resto de autonomías, incluídas as socialistas, para defender un financiamento xusto
Alfonso Rueda dixo que Galicia é unha autonomía que consegue facer fronte aos extremismos porque prima a estabilidade fronte á confrontación
Afonso Rueda falou en Madrid de financiamento autonómico. Dixo que o financiamento singular de Pedro Sánchez para Cataluña é un engano. Rueda ten claro que Sánchez vai intentar dividir as comunidades para conseguir o seu obxectivo de permanecer na Moncloa e lograr a investidura de Salvador Illa. Por iso o presidente da Xunta tende a man ao resto de autonomías, incluídas as socialistas, para defender un financiamento xusto.
Rueda asegurou que "xa hai comunidades autónonas gobernadas polo PSOE que din que lles vai causar un prexuízo moi grande. Deberiamos falar entre nós, dixo. Teño claro que o seguinte paso do Goberno de Sánchez vai ser intentar o divide e vencerás".
Alfonso Rueda puxo Galicia como exemplo de xestión. Dixo que é unha autonomía que consegue facer fronte aos extremismos porque prima a estabilidade fronte á confrontación: "En Galicia temos un partido independentista. A segunda forza política en Galicia é unha forza nacionalista-independentista. Tamén son extemismos e, a pesar de que teñen unha presenza importante en Galicia, non o vou negar, nestas autonómicas explicada pola baixada de brazos do Partido Socialista".
Rueda lembrou que leva meses agardando a que Pedro Sánchez o reciba: "Cada un pode pensar se é un período prudencial ou non tres meses para ser recibido, e se isto llo pediran outros presidentes doutras comunidades, se lles tería dito o mesmo".
Rueda aposta por unha Galicia integrada sempre dentro dunha España constitucional.