Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez confirma que o Goberno prorrogará tres mes o plan anticrise

Sánchez confirma que o Goberno prorrogará tres mes o plan anticrise

O plan contra as consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína  estaba vixente ata o 30 de xuño

A moción de censura ao Executivo de Rajoy "reforzou as institucións e a democracia española", dixo o presidente do Goberno

G24.gal 01/06/2022 13:57 Última actualización 01/06/2022 14:33

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, confirma que o Executivo ampliará o plan contra as consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína e que de momento están vixentes ata o 30 de xuño. O plan vaise prorrogar tres meses máis.

Anunciouno Sánchez durante unha reunión con deputados e senadores do PSOE no Congreso, onde fixo unha alusión implícita ao PP para que apoie esta prórroga cando se vote na cámara baixa, tras o voto en contra dos populares cando o plan chegou por primeira vez ao pleno.

"A ver se temos máis sorte e os que din querer a España móstrano amando aos españois e aprobando medidas que sexan boas para os españois", comentou.

O presidente do Goberno asegurou que van "seguir protexendo as familias e empresas" en España con medidas como as contempladas neste plan, entre as que destacou a bonificación de 20 céntimos por cada litro de gasolina ou gasóleo, o ampliación do bono social a dous millóns de fogares e redución do 60 % do imposto da factura eléctrica.

 

Sánchez di que a moción de censura ao Executivo de Mariano Rajoy "reforzou as institucións e a democracia española"

A xuntanza no Congreso dos Deputados de Pedro Sánchez con deputados e senadores do PSOE comezou cun vídeo no que se mostra o momento da investidura de Pedro Sánchez tras a vitoria da moción de censura contra Rajoy e no que se repasou a maioría das iniciativas aprobadas polo primeiro goberno de coalición da democracia como a suba do Salario Mínimo, a aprobación do ERTE durante a pandemia ou da renda mínima vital.

Na súa intervención, Sánchez comentou que coa moción de censura "o poder lexislativo deu un paso adiante ante a falta de responsabilidades políticas" do PP tras a sentenza da Gürtel e que "empregou un instrumento lexítimo e constitucional".

O presidente do Goberno asegurou que a moción de censura ao Executivo de Mariano Rajoy, da que este mércores fai catro anos, "reforzou as institucións e a democracia española".

Os socialistas tamén salientaron que hai catro anos "gañou España e perdeu a dereita"

Ante o plenario do grupo socialista, o presidente reivindicou o executivo de coalición. 

 "Constituímos o primeiro Goberno de coalición da democracia, que tivo que afrontar tempos moi duros. E a pesar dos prognósticos dos agoreiros está sendo capaz de sacar o país adiante, mentres a dereita e a ultradereita dedícanse, como sempre que están na oposición, a insultar a berrar e a crispar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos