Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez sostén que os partidos de dereita apostan polos discursos de odio dos ultras

Pedro Sánchez sostén que os partidos de dereita apostan polos discursos de odio dos ultras

O presidente do Goberno alertou sobre a propagación da "antipolítica" en todo o mundo nun discurso ante a Internacional Socialista

G24.gal 21/12/2024 20:33

Pedro Sánchez afirmaba este sábado en Marrocos que a dereita está a "comprar o discurso do odio" da extrema dereita. Facíao en Rabat no cumio da Internacional Socialista, que el preside. Sánchez considera que a dereita abraza ideas reaccionarias por medo a perder votantes e pediu que as forzas progresistas se manteñan firmes na defensa da democracia.

O líder socialista tamén criticou a certas elites que "promoven a antipolítica" como un medio para implementar unha axenda reaccionaria que debilita o Estado de benestar.

Ademais, Sánchez contrastou esta visión coa experiencia española do últimos sete anos e destacou que "é capaz de cear emprego protexendo os dereitos laborais" e manter un crecemento económico nidiamente superior ao da media dos países da Eurozona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade