Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez critica a actitude do PP na crise con Alxeria e Feijóo di que tivo que vir a UE a solucionala

Sánchez critica a actitude do PP na crise con Alxeria e Feijóo di que tivo que vir a UE a solucionala

O Goberno pide prudencia ata comprobar se a rectificación se concreta

Alxeria garante a subministración de gas e o comercio bilateral

Pedro Sánchez, nun acto da campaña andaluza
G24.gal 11/06/2022 19:45 Última actualización 11/06/2022 19:58

O Goberno celebra que todo volva á normalidade con Alxeria tras o comunicado dese país en que garante o cumprimento dos acordos comerciais e a submnistración de gas. Con todo, o executivo pide prudencia ata que o anuncio se traduza en feitos. O presidente, Pedro Sánchez, acusa o PP de apoiar a Alxeria mentres Núñéz Feijóo lle reprocha que teña vir a UE para solucionar a desfeita. 

Nun acto electoral da campaña andaluza, Pedro Sánchez aludiu por primeira vez á crise con Alxeria. O presidente do Goberno non se referiu á decisión do país norteafricano de suspender o tratado de amizade con España nin á posterior rectificación, senón á actitude do Partido Popular.

 "Se un terceiro país presiona a España e a Unión Europea apoia a España, eles apoian o terceiro país que está presionando a España"

O presidente dos populares, Alberto Núñez Feijóo, acusou a Sánchez de dar un xiro total á política exterior de España poñendo en perigo a subministración de gas e miles de millóns de euros en exportacións.

"E tivo que vir a UE para amañar a desfeita, iso é dicir a verdade e sinto que a Pedro Sánchez lle resulte incómoda a realidade"

De momento, o executivo apela á prudencia ata ver se a marcha atrás de Alxeria se concreta, e evita confirmar se os dous gobernos están mantendo contactos directos. Si valora a xestión realizada polo ministro de Exteriores que se desprazou a Bruxelas para buscar o apoio da UE. Tras esa viaxe, e as advertencias comunitarias, Alxeria recuou e, a través dun comunicado, garantiu a subministración de gas e o mantemento do comercio bilateral a pesar do apoio español á postura marroquí sobre o Sáhara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade