Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santi Denia aclara as molestias físicas de Gabri Veiga

Santi Denia aclara as molestias físicas de Gabri Veiga

O xogador informouno antes do encontro de que non estaba ao 100 %

Gabri é xunto o terceiro porteiro, o único que aínda non comezou como titular 

G24.gal 28/06/2023 12:06

Santi Denia confirmou o que era un segredo a voces. O celeste Gabri Veiga atopábase con molestias musculares e por iso non afrontou o encontro ante Ucraína dende o comezo. O adestrador agradeceu a "sinceridade" do centrocampista a hora de comunicarlle o seu estado físico e explicou que tras falar cos médicos sería convinte que o xogador só disputase un máximo de vinte minutos.

Estas molestias proceden dunha elongación que o de Porriño sufriu no anterior encontro fronte a Croacia e que limitarían os seus minutos para esta derradeira xornada da fase de grupos do Europeo. Semellaba estraño que, sen lesións polo medio, o futbolista revelación da tempada fose o único xogador de campo que non comezase ningún encontro no once inicial. 

O adestrador tamén aproveitou para explicar a situación en que anulou o cambio no que ía adestrarse no campo Gabri no minuto 73, argumentando que se debeu só a unha cuestión táctica e que debido ás molestias de Barrenetxea decidiu meter no campo un extremo e, polo tanto, o celeste non tería ese oco.

España xa está clasificada como primeira de grupo tras empatar no derradeiro minuto ante Ucraína cun gol de Abel Ruíz e semella que se enfrentará en cuartos de final a Italia ou Suíza, evitando a Francia, unha das máximas favoritas. Estes días de descanso ata as eliminatorias podrían ser moi positivos para a recuperación do centrocampista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade