Josep Señé: “Hai que estar preparados para un ambiente hostil”
Josep Señé: “Hai que estar preparados para un ambiente hostil”
O mediocentro do Rácing de Ferrol destaca a importancia que ten a fortaleza mental do equipo para dar a talla nun escenario impoñente
Xornada marcada en vermello no calendario para o Rácing de Ferrol coa visita a Riazor. No vestiario verde son conscientes de que o partido do próximo domingo contra o Deportivo é de suma importancia para os afeccionados e é por iso que a motivación do grupo é maior de fronte ao derbi.
Josep Señé, futbolista capital na medular do Racing, analiza as claves do partido a pouco máis de 48 horas para que rode o balón.
"Temos que estar preparados para un ambiente hostil, un campo cheo, sabemos o incentivo que é xogar co Dépor".
"Sabemos da rivalidade, teremos que estar preparados desde o inicio porque o Dépor apertará".
Nas visitas dos últimos anos nos que Dépor e Rácing volveron verse as caras despois de moito tempo, o balance dos partidos en Riazor é de dúas vitorias a favor dos locais e un empate, aspecto que quere cambiar o domingo o equipo de Cristóbal Parralo.