Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete anos de cárcere para o exconselleiro de Xustiza de Madrid Alfredo Prada

Sete anos de cárcere para o exconselleiro de Xustiza de Madrid Alfredo Prada

Acusado de prevaricación e malversación por 24 contratos na construción do Campus da Xustiza

Alfredo Prada á súa chegada á Audiencia Nacional en marzo de 2024 Alfredo Prada á súa chegada á Audiencia Nacional en marzo de 2024
G24.gal 10/09/2024 16:12 Última actualización 10/09/2024 16:22

 A Audiencia Nacional condenou a sete anos de cárcere o exvicepresidente e exconselleiro de Xustiza madrileño Alfredo Prada por delito continuado de prevaricación e malversación agravada por 24 contratos -por un total de 40 millóns- na construción do Campus da Xustiza entre os anos 2005 e 2011.

Segundo informou o tribunal, a Sección Primeira da Sala Penal condena polo mesmo delito a penas de 3 anos e 6 meses de cárcere catro empregados que formaron parte do equipo directivo deste proxecto: Isabelino Baños (director xeneral técnico), Alicio de las Heras (director financeiro), Andrés Gómez Gordo (director da área de Seguridade) e Félix José García de Castro (letrado asesor).

Para todos os condenados, a sala aplicou a atenuante de dilacións indebidas.

O sexto acusado, Mariano José Sanz, é absolto porque o tribunal entende que o máster do que gozou foi pactado en concepto de indemnización polo seu despedimento.

A todos os acusados absólvenos do delito de fraude contra as administracións públicas que lles atribuían as acusacións exercidas polo Ministerio Fiscal e a Comunidade de Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade