O Deportivo sae moi tocado do campo da Cultural (1-0)
Tarsi marca o tanto do triunfo local para un equipo que non gañou ningún dos últimos oito partidos
O Deportivo perde en León e queda moi tocado antes do derbi contra o Celta B. Quiles dispuxo de boas ocasións para adiantar ao seu equipo pero tralo gol de Tarsi o cadro de Óscar Cano careceu de reacción.
Minuto a minuto
Xa temos o equipo do Deportivo!!! Volve Quiles. Antoñito ocupa o lateral dereito e Isi Gómez no centro do campo
Comeza o partido no Reino de León!!!
Primeiro achegamento perigoso da Cultural cunha acción individual de Percan pero non é quen de rematar á porta
Tiro de Alarcón desde a frontal moi desviado. A Cultural segue aparecendo en ataque
Cae Obolskii na área. Pide penalti a Cultural
Tiro de Quiles que rexeita Salvi. A primeira do Dépor
Uyyy! Gran disparo de Rubén Díez que está moi preto de marcar
Ao poste Alberto Quiles!!! Que disparo desde fóra da área que repele o pau
Quiles remata cruzado. O dianteiro tivo as mellores opcións
Segunda parte en xogo en terras leonesas
Moi clara de Soriano. Xogada de Antoñito que culmina o madrileño
Obolskii manobra con perigo na área deportivista pero está inocente no remate
Outra máis para Quiles!!!! E Pepe Sánchez remata desviado o córner
Dobre ocasión para Quiles e Lucas!! Que ataque tan embarullado do Dépor
Alarcón, rexeita Mackay
1-0 Marca Tarsi para a Cultural ao rematar o centro de Obolskii
Falta que saca Lucas pero non chega Pepe Sánchez
Dobre petición de penalti. Un na área da Cultural sobre Antoñito e outro de Pepe Sánchez na do Deportivo
Cartón a Olabe que non xogará o derbi contra o Celta B