Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe o ton das críticas polo xogo do Deportivo

Sobe o ton das críticas polo xogo do Deportivo

Empatou ante un Majadahonda en descenso e leva dous partidos sen marcar

G24.gal 10/10/2022 21:52

O Deportivo deixou escapar ante o Raio Majadahonda os puntos que probablemente rebaixarían a incerteza con que afronta a temporada tras sete xornadas de liga. Os coruñeses son quintos, suman doce puntos de 21 posibles e acumulan tres vitorias, tres empates e unha derrota. No Cerro del Espino faltoulles forza primeiro e acerto despois nos vinte minutos en que acumularon as mellores ocasións do encontro.

Logo de dúas xornadas sen ver porta, o ánimo dos afeccionados decae ao tempo que sobe o ton das críticas. O equipo insiste en pedir paciencia para afrontar unha carreira de fondo. Sobre todo porque a próxima xornada, en partido que poderán ver neste casa, recibe o Linares, incombustible na segunda praza.

O liderado, xa a sete puntos, segue en mans do Racing, invicto esta temporada. En situación máis delicada están o Pontevedra, en postos de descenso, e o Celta B, a unha praza de cruzar a liña vermella. Mediranse en Pasarón a próxima xornada. Poderán seguir o derbi na G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade