Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tebas agarda impaciente as explicacións do luns de Laporta sobre o caso Negreira

Tebas agarda impaciente as explicacións do luns de Laporta sobre o caso Negreira

O presidente da Liga estivo presente nun acto na sede do Celta

G24.gal 14/04/2023 21:50

Javier Tebas volveu falar sobre o caso Negreira e sobre a comparencencia prevista para o vindeiro luns do presidente do Barcelona, Joan Laporta. 

Para Tebas, Laporta "tiña que facelo antes, pero máis vale tarde que nunca. Desexo que nos poida clarificar todo. Enganar dezaoito anos a catro presidentes diferentes parece complicado". Tamén asegurou que lle preocupa "moito máis o dano reputacional que se está facendo á Liga que si o Barcelona xoga ou non en Europa". 

O presidente da Liga acudiu a Vigo á presentación da Liga Genuine na sede do Celta. O club organizará este fin de semana parte da terceira fase. Unha liga que cumpre a súa quinta temporada. No acto, Carlos Mouriño tamén lle fixo entrega o presidente da Liga dunha camiseta conmemorativa do centenario do club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade