Terceira convocatoria seguida de Óscar Mingueza coa selección
Terceira convocatoria seguida de Óscar Mingueza coa selección
Luis de la Fuente volveu incluílo na convocatoria desta parada de novembro, como xa fixera en setembro e en outubro, pero sen darlle un só minuto en ningún deses catro partidos
O futbolista do Celta, Óscar Mingueza, terá unha nova oportunidade para disputar minutos coa selección española neste 2024.
Luis de la Fuente volveu incluílo na convocatoria desta parada de novembro, como xa fixera en setembro e en outubro, pero sen darlle un só minuto en ningún deses catro partidos. Agora, o combinado español afronta dous novos compromisos da liga de Nacións.
O primeiro será ante Dinamarca en Copenhague o venres 15, mentres o segundo enfrontaralles a Suíza en Tenerife, os dous ás 20:45 horas.
El mundo del fútbol 𝗻𝗼 𝗼𝘀 𝘃𝗮 𝗮 𝗳𝗮𝗹𝗹𝗮𝗿.
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) November 8, 2024
Nosotros 𝗻𝗼 𝗼𝘀 𝘃𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗳𝗮𝗹𝗹𝗮𝗿.
𝗝𝘂𝗴𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝘃𝗼𝘀𝗼𝘁𝗿𝗼𝘀.#VamosEspaña | #NationsLeague pic.twitter.com/qz8h6w3YI9
España é líder do grupo 1 con tres vitorias e un empate que se traducen en dez puntos, tres máis que Dinamarca, seis máis que Serbia e con nove de vantaxe sobre Suíza.