Todo listo no Pazo para a festa do baloncesto galego
Todo listo no Pazo para a festa do baloncesto galego
Breogán e Obradoiro enfróntanse nun partido de necesidades (20:45 h)
O Pazo de Lugo vestirase de gala. Breogán-Obradoiro. O gran duelo do baloncesto galego. Non é un partido calquera.
Breogán ten as dúbidas de Juan Fernández e Sergi García. Chegarán os de Lugo máis cansos tralo partido do mércores? "Cando se xoga un derbi dálo todo, e o cansazo non existe", indica Mrsic.
Falemos do rival. Que agarda Moncho Fernández do Breogán? "Un Breo moi agresivo, que vai defender moi forte. Nada diferente da súa filosofía."
Obradoiro podería recuperar a Rigoberto Mendoza. Mrsic eloxia o seu rival. "O Obradoiro ten un gran equipo, cun gran adestrador. Con moitos anos na ACB. Coma nós, irregular, pero nun derbi nunca.
Breogán-Obradoiro. E a priori... sen favoritos.