Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan unha muller ao hospital tras incendiarse a súa casa en Melide

Trasladan unha muller ao hospital tras incendiarse a súa casa en Melide

Sufriu queimaduras na cara e nos brazos ao intentar apagar as lapas

Parte da casa queimada polo incendio
G24.gal 17/02/2025 15:52

Unha muller sufriu queimaduras nos brazos e na cara ao intentar sufocar o incendio declarado na súa vivenda este luns en Melide.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 10:45 horas, cando unha persoa chamou á central de emerxencias para pedir axuda por un incendio que afectaba a súa casa, situada no lugar do Formigueiro, na parroquia de Grobas.

Ao chegar, os bombeiros extinguiron as lapas, que afectaron unicamente á lareira da vivenda. Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 atenderon á muller, que foi evacuada a un hospital con queimaduras en cara e brazos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade