Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio que obrigou a desaloxar tres edificios en Ourense

Controlado o incendio que obrigou a desaloxar tres edificios en Ourense

Non hai que lamentar danos persoais pero dous dos tres edificios afectados permanecen inhabitables e os danos son cuantiosos

O incendio orixinouse pasadas ás cinco da madrugada deste sábado

A Policía Local tivo que desaloxar unha vintena de vivendas

Os bombeiros traballando na extinción do incendio de Ourense este sábado
G24.gal 22/02/2025 09:36 Última actualización 22/02/2025 15:17

Os Bombeiros de Ourense xa controlaron o incendio declarado no interior dunha vivenda en Ourense. O incendio comezou pasadas ás cinco da madrugada deste sábado nun dos pisos do terceiro andar do número 72 da Avenida de Santiago. 

Os bombeiros están traballando en arrefriar os cascallos e nos labores de desentullo do terceiro andar que foi o que quedou calcinado. O primeiro e o segundo andar non arderon pero están moi afectados pola auga que se lles veu enriba.

En vista da magnitude do incendio a Policía desaloxou inicialmente, amais do afectado, outros dous edificios colindantes. As desaloxadas foron unhas 25 familias. A un dos edificios, xa poideron regresar as familias, pasadas as 13 horas. Os outros dous edificios están moi afectados, un deles polo lume e a auga e o outro pola auga que foi necesario verter para controlar o lume.

Segundo explica o xefe de bombeiros ao equipo de Television de Galicia e publica o alcalde da cidade na súa conta da rede social X non hai que lamentar danos persoais, pero tiveron que ser evacuados tres edificios, por medo a que se esparexeran as lapas.

Accedeuse nun principio pero chegou un momento que polo tipo de estrutura era perigoso seguir dentro. Entón tódolos compañeiros saíron e estase controlando dende vehículo de altura e dende os edificios lindeiros, relataba a primeira hora desta mañá José Benito, oficial dos Bombeiros municipais de Ourense.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 05:10 horas da madrugada a través dun particular, que alertou de que un edificio de tres plantas estaba ardendo. De inmediato, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Ourense, axentes da Policía Nacional e Local e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo os equipos de emerxencia, a terceira planta do edificio quedou completamente destruída. O xefe de bombeiros explicaba ao equipo da Galega que a extinción está sendo complicada o interior do edificio é de madeira, polo que as lapas se espallaron axiña e o lume se volveu moi virulento.

Inicialmente os bombeiros accederon a o interior do edicio para poder apagar o lume mais axiña, pero por estar construído en madeira chegou un momento no que tiveron que saiar porque as condicións se volveron perigosas. Desde ese momento, apagar o lume desde fóra volveuse máis lento e dalle tempo a destruir máis o edicificio.

No operativo participaron os Bombeiros de Ourense, axentes da Policía Nacional e Local e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061.

O alcalde de Ourense seguiu en persoa o operativo antiincendio, que continúa arestora lume controlado, pero reavivándose continuamente despois de que a parte superior colapsara dentro do inmoble. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade