Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis vivenda pública cara ao reto de duplicar o parque residencial en Galicia

Máis vivenda pública cara ao reto de duplicar o parque residencial en Galicia

A Xunta de Galicia inicia unha nova promoción en Xuxán, na Coruña, con 14 vivendas accesibles

G24.gal 24/04/2025 14:46

Construír máis vivenda pública é un dos obxectivos prioritarios da Xunta nesta lexislatura. O Goberno galego comprometeuse a sacar ao mercado unhas 4.000 vivendas protexidas, e hoxe dá un paso nesa dirección, cunha nova promoción na Coruña.

No polígono de Xuxán construirase un novo edificio con 14 vivendas  que se van investir máis de 3 millóns e medio de euros. Son vivendas eficientes enerxéticamente e destinadas, boa parte delas, a mozos menores de 36 anos. Unha promoción que se une a outras dúas que a Xunta ten en marcha nesta cidade da Coruña e que permitirá dotar a partir do próximo ano dun cento de novas vivendas públicas. A Conselleira, María Allegue, pon cifras. En Galicia nestes momentos están en marcha  xa unhas 2.000 vivendas  que permitirán avanzar neste obxectivo de duplicar o parque residencial nesta lexislatura.

"Somos coñecedores do problema que temos. Temos que construír vivenda, temos que rehabilitar vivenda. Temos que facilitar que os promotores e os cooperativistas constrúan vivenda protexida e isto só o podemos facer coa colaboración de todos os sectores implicados; sector privado e por suposto das administracións locais e estatal", explica a conselleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade