Cargando resultados...
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co sector viño
Rueda e Feijóo pídenlle a Pedro Sánchez que poña en marcha incentivos fiscais e apoios económicos para o sector vitivinícola
G24.gal
24/04/2025 14:47
Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda reafirmaron o seu apoio ao sector do viño, un dos máis afectados polos aranceis de Donald Trump. Dixérono nunha visita á adega Paco y Lola, en Meaño. Pídenlle a Pedro Sánchez que poña en marcha incentivos fiscais e apoios económicos.
O presidente da Xunta asegurou que o sector do viño pode contar co apoio do Goberno galego.
"Hai que estar aí fronte ás ameazas, que son reais agora mesmo. Esperamos que non se cumpra todo o que se aventuraba. Pero nós xa reaccionamos, a Xunta puxo enriba da mesa 50 millóns de euros para préstamos flexibles", matizou.