España declara tres días de loito oficial pola morte do papa Francisco
Pedro Sánchez destaca "o seu compromiso coa paz, a xustiza social e os máis vulnerables"
Feijóo amosa o seu pesar polo pasamento de Francisco, "o papa que falaba español" e que "a piques estivo de peregrinar a Santiago de Compostela"
O presidente da Xunta expresa as súas condolencias "á Igrexa e a quen hoxe sente a súa marcha" e sinala: "A súa figura deixa unha pegada inesquecible na historia recente"

O Goberno decidiu declarar tres días de loito oficial, desde este luns e ata o mércores, pola morte do papa Francisco, falecido este luns aos 88 anos de idade.
Así o anunciou nunha declaración institucional desde Moncloa o ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. Félix Bolaños sostén que o pontificado de Francisco "supuxo un impulso renovador e reformista" para a Igrexa católica que "deixará un legado para a historia", e destacou del "a súa loita contra a desigualdade e as inxustizas", o seu "combate contra o cambio climático" e a súa preocupación "por todos os que están nas periferias". "Morreu un gran papa", concluíu.
O presidente, Pedro Sánchez, lamenta o pasamento do pontífice e afirma que deixa un legado "profundo". Na súa conta de X, o mandatario español pon o acento no seu "compromiso coa paz, a xustiza social e os máis vulnerables".
Lamento el fallecimiento del Papa Francisco. Su compromiso con la paz, la justicia social y los más vulnerables deja un legado profundo.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) April 21, 2025
Descanse en paz.
A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz asegurou que o Papa Francisco, foi "un gran embaixador do traballo decente, da paz e da xustiza social". Nunha mensaxe na rede social 'Bluesky', encomiou ao Pontífice por utilizar a súa posición "para impulsar un mundo mellor".
Feijóo lamenta o falecemento de Francisco, "o Papa que estivo a piques de peregrinar a Santiago de Compostela"
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, expresou tamén o seu pesar polo pasamento do pontífice. Na súa conta de X tivo palabras para o Papa "que falaba español" e que "a piques estivo de peregrinar a Santiago de Compostela".
Lamento el fallecimiento del Papa Francisco.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) April 21, 2025
El Papa que hablaba español y a punto estuvo de peregrinar a Santiago de Compostela. Ha servido al mundo y a la Iglesia desde sus convicciones y pensamiento hasta el último instante.
Descanse en paz. pic.twitter.com/VKgqZDGerK
Tamén nas súas redes sociais, o líder de Vox, Santiago Abascal, manifestou: "Unímonos ás oracións de millóns de católicos pola alma do Papa Francisco".
Nos unimos a las oraciones de millones de católicos por el alma del Papa Francisco. Descanse en Paz.
— Santiago Abascal 🇪🇸 (@Santi_ABASCAL) April 21, 2025
Condolencias tamén desde Podemos. A líder da formación morada, Ione Belarra, escribía esta mañá na súa conta de X:
“Estuve desnudo, y me cubristeis; enfermo, y me visitasteis. ¿Cuándo te vimos hambriento, y te sustentamos? De cierto os digo que en cuanto lo hicisteis a uno de estos mis hermanos más pequeños, a mí lo hicisteis.” Que la tierra le sea leve al Papa Francisco.
— Ione Belarra (@ionebelarra) April 21, 2025
Rueda: "A súa figura deixa unha pegada inesquecible na historia recente"
Tamén desde Galicia recollemos sinais de pesar tras a morte de Francisco. Desde a súa conta de X, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que "a súa figura deixa unha pegada inesquecible na historia recente e en millóns de persoas en todo o mundo".
Sentimos a perda da Súa Santidade o Papa. A súa figura deixa unha pegada inesquecible na historia recente e en millóns de persoas en todo o mundo. As miñas condolencias á Igrexa e a quen hoxe sente a súa marcha.
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) April 21, 2025
Descanse en pazhttps://t.co/QUpEk97FWh
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, transmitiu a súa solidariedade "a todas as persoas que senten a fe católica" e destacou que Francisco foi "unha figura singular dentro do Vaticano que apostou pola paz e a defensa dos dereitos civís".
Quero trasladar a miña solidariedade á todas as persoas que senten a fe católica polo pasamento do Papa Francisco, unha figura singular dentro do Vaticano que apostou pola paz e pola defensa dos dereitos sociais. Descanse en paz.
— Ana Pontón (@anaponton) April 21, 2025
Foto Lisa Maree Williams para Getty, vía El País. pic.twitter.com/zqD0gaNIyE
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, falou de Francisco como "un home de paz, diálogo e compromiso cos máis vulnerables" e di que del lembraremos "a súa última mensaxe a favor dos migrantes e dos marxinados".
Nun día de fondo pesar para a Igrexa católica e millóns de persoas no mundo, desde o @PSdeG enviamos o noso pésame polo falecemento do Papa Francisco, un home de paz, diálogo e compromiso cos máis vulnerables.
— Gómez Besteiro (@jrgomezbesteiro) April 21, 2025
Así o lembraremos: coa súa última mensaxe a favor dos migrantes e… pic.twitter.com/iw3U3mrQPI
Quen foi arcebispo de Santiago entre 1996 e 2023, Xulián Barrio, expresou na TVG o seu pesar pola morte do pontífice e, sobre a elección do seu sucesor, manifestou: "O señor vainos dar a persoa que necesita a Igrexa neste momento".
Francisco faleceu este luns aos 88 anos ás 7:35 horas na súa residencia da Casa Santa Marta.