Tres galegos nun sorteo en que lle pode tocar ao Lugo o premio gordo
Tres galegos nun sorteo en que lle pode tocar ao Lugo o premio gordo
O cadro lucense ten posibilidades de enfrontarse a Barcelona, Real Madrid ou Atlético
O Rácing xogará contra un Primeira que non participara na Supercopa
As matemáticas apuntan a un rival de Segunda para o Celta
Son tres os equipos galegos que estarán no bombo do vindeiro martes 12 de decembro para xogar a primeira fin de semana do mes de xaneiro a terceira eliminatoria da Copa.
O Lugo é o que pode saír mellor parado do sorteo. Hai dous equipos de 2ª RFEF (Barbastro e Arandina) que teñen garantido enfrontamento contra un dos catro da Supercopa (Barcelona, Real Madrid, Atlético ou Osasuna). Os dous que non queden emparellados xogarán contra un dos catro clasificados da 1ª RFEF entre os que está o Lugo. No caso de non saír afortunado xogaría contra calquera da Primeira División
O Rácing ten o rango de rivais máis definido. Sabe que vai xogar contra un primeira que non participou na Supercopa (Vilarreal, Xetafe, Valencia, Raio, Alavés, Real Sociedade, Betis, Mallorca, Sevilla, As Palmas, Athlétic, Xirona ou Celta).
O Celta xogará a un 80 % contra un equipo da Segunda División entre os que está o Rácing. As outras opcións son que quede emparellado contra un 1ª RFEF (hai dous candidatos) ou, no peor dos casos, que xogue a eliminatoria que vai haber entre equipos de Primeira.