Cargando resultados...
Triunfo claro do Uruguai sobre Panamá na Copa América (3-1)
Os Estados Unidos tamén lograron o triunfo diante de Bolivia (2-0)
G24.gal
24/06/2024 08:09
A selección do Uruguai iniciou o seu camiño na Copa América impoñéndose a Panamá, equipo que disputou un amigable contra a selección galega. Maximiliano Araújo marcou ao cuarto de hora, gol co que se aguantou o marcador ata os últimos intres do partido. No treito final Darwin Núñez e Matías Viña puxeron o 3-0 que maquillou Murillo no engadido.
Os Estados Unidos, anfitrións do torneo, tamén gañaron na súa estrea a Bolivia. O céltico Luca de la Torre entrou desde o banco no encontro. Os goles foron marcados por Pulisic e Balongun, ámbolos dous no primeiro tempo.