Triunfo do Ourense C. F. ante o Langreo para durmir líder (3-0)

Os galegos son líderes no seu grupo da 2ª RFEF, á espera do partido entre o Zamora e o Real Avilés

Dous goles no desconto da segunda metade sentenciaron o encontro

Catro vitorias nas últimas cinco xornadas asentan o equipo ourensán nos postos de ascenso

G24.gal 11/11/2023 18:11

O partido entre o Ourense e o Langreo remata con vitoria contundente por parte dos locais. Os ourensáns marcaron un gol preto do descaso e outros dous tantos no desconto da segunda metade, o último, un golazo anotado por Antonio Salinas.

Co triunfo son líderes do seu grupo á espera de que xogue mañá o Zamora, e suman cinco xornadas seguidas sen coñecer a derrota, con catro vitorias incluídas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar