Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños suma un punto na súa volta á Segunda Federación (0-0)

O Bergantiños suma un punto na súa volta á Segunda Federación (0-0)

Empate sen goles contra un Guijuelo que non estivo acertado en ataque

Os galegos tiveron algunha oportunidade, pero o partido foi tranquilo

O final do partido O final do partido
G24.gal 31/08/2024 22:53

Un regreso no que, a falta de gañar, o empate aseguroulle un punto ao Bergantiños. Os de Carballo comezaron a domicilio contra o Guijuelo e deron a cara nun partido sen grandes sobresaltos no que os galegos puideron marcar, pero non estiveron atinados.

O Bergantiños comezou ben un partido que non pasou en exceso polas áreas. Os mediocampos quixéronse impoñer, e o balón pasou moito tempo na zona central. Houbo moitos cambios de posesión, loita e respecto entre ambos os dous conxuntos.

Os de Carballo tiveron algunha ocasión para poñerse por diante nun partido tranquilo, no que o marcador representa a grandes trazos o visto no campo. O primeiro punto xa é unha realidade. Malia que unha vitoria sabe mellor, o Bergantiños fixo o seu traballo, xa que nunha liga dura como a Segunda Federación, puntuar sempre é importante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar