Trump dá un mitin en Nova York ante 20.000 persoas
Trump dá un mitin en Nova York ante 20.000 persoas
O chiste racista dun humorista indigna a comunidade latina
Kamala Harris volve a Pensilvania a nove días das eleccións
Derradeira semana de campaña para as eleccións nos Estados Unidos e coas enquisas máis empatadas ca nunca, os candidatos intensifican os actos para captar os votos nos estados onde teñen menos apoios. Donald Trump tivo o seu mitin máis multitudinario en Nova York, pero o acto creou polémica polos insultos racistas dalgúns oradores que participaron nel.
Na recta final da campaña, e cada día logrando recortar <máis a vantaxe que lle levaba Kamala Harris, Donald Trump escolleu Nova York, feudo tradicionalmente demócrata, para demostrar a súa forza. Como golpe de efecto, a aparición por sorpresa da súa muller, recibida no escenario por Elon Musk.
Ela foi a encargada de presentar a Trump. Máis de 20.000 persoas acudiron ao emblemático Madison Square Garden. A eles dirixiu o candidato republicano a súa proclama antiinmigración. "O 5 de novembro será o día da liberación dos Estados Unidos. O primeiro día lanzarei o maior programa de deportación da historia dos EUA", asegurou Trump. Nesa liña foron algúns dos discursos dos oradores que precederon a Trump.
Pero estas bromas racistas sobre os latinos, polas que organizacións hispanas esixen desculpas e das que intentaron distanciarse os asesores de Trump, o que lograron foi que celebridades portorriqueñas como Jennifer López, Bad Bunny ou Ricky Martin se postulasen a favor de Kamala Harris.
Mentres, a candidata demócrata centraba os seus esforzos en captar o voto latino en Pensilvania, un dos sete estados clave. Este achega dezanove votos electorais que nas anteriores eleccións viraran a demócrata a favor de Joe Biden.
Por primeira vez en tres meses, Harris vai por detrás nas enquisas no ámbito nacional. Iso si, a distancia que lle leva o candidato republicano é só dunha décima.