Cargando resultados...
Un ano de prisión para o fisioterapeuta acusado de abuso sexual a unha paciente en Vigo
Un ano de prisión para o fisioterapeuta acusado de abuso sexual a unha paciente en Vigo
A sentenza conta co voto particular dunha maxistrada que considera que non quedou claro o que realmente ocorreu nos feitos xulgados
Imaxe do xuízo celebrado en Vigo, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra
G24.gal
06/03/2024 13:44
A Audiencia Provincial de Pontevedra condena un fisioterapeuta acusado de abuso sexual a unha paciente a un ano de cárcere, prohíbelle comunicarse coa vítima durante cinco anos e inhabilítao para exercer de fisioterapeuta seis meses. Tamén deberá indemnizar a vítima con dous mil euros.
Unha das maxistradas considera que a sentenza debería ser absolutoria, ao non haber probas claras, precisas e concluíntes do que realmente ocorreu entre a clienta e o fisioterapeuta.