Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un atentado nunha mesquita deixa 44 mortos e 157 feridos en Paquistán

Un atentado nunha mesquita deixa 44 mortos e 157 feridos en Paquistán

O estoupido produciuse dentro dun recinto ao que só poden acceder policías

G24.gal 30/01/2023 17:04 Última actualización 31/01/2023 07:44

O atentado suicida contra unha mesquita nun recinto policial de Paquistán causou este luns polo menos 44 mortos e 157 feridos, na súa maioría membros das forzas de seguridade, nun dos peores ataques contra este corpo na historia do país asiático.

"Estamos a compilar a lista de falecidos e poderemos confirmar o número final de policías en canto a completemos", afirmou Asim Khan, un portavoz do hospital de Peshawar, onde ocorreu o atentado.

O centro médico viuse obrigado a facer un chamamento a doar sangue para tratar ás decenas de vítimas do ataque.

300 fieis á hora do rezo

Os equipos de rescate seguen localizando a persoas feridas de debaixo dos entullos causados pola forte explosión, que tivo lugar cando a mesquita se atopaba especialmente concorrida durante un dos rezos.

O atacante suicida atopábase en primeira fila durante os rezos.

"É hora de que volvamos combater a guerra contra o terrorismo", dixo o ministro de Defensa paquistaní.

Polo momento ningunha formación insurxente reivindicou a autoría do ataque.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade