Un Celta Fortuna sen centrais deixa escapar o triunfo nos últimos intres
Un Celta Fortuna sen centrais deixa escapar o triunfo nos últimos intres
Adiantouse fronte ao Majadahonda e fallou un penalti, pero non soubo aguantar a vantaxe
O Celta Fortuna empatou no campo do Majadahonda (1-1). Polo visto no primeiro tempo. mereceu máis, pero na segunda parte sufriu e acabou apañando o gol no 89.
Con só un central puro na convocatoria, Gael Alonso, tivo que afrontar o encontro. Antes do minuto dez puido adiantarse cun penalti que non acertou a transformar Raúl Blanco. Si que chegaría o tanto cando Pablo Durán recuperou preto da área e xogou cun Alfon que sacou un disparo maxistral.
No tempo de lecer Claudio viuse na obriga de sacar a Gael e xogou todo o segundo tempo cun centro da defensa de circunstancias. O Majadahonda foi empurrando ata que no treito final Kike Hermoso marcou cun remate de cabeza.