Un documental revisa a recuperación da zanfona nos anos 70 e 80
Un documental revisa a recuperación da zanfona nos anos 70 e 80
Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición é unha produción do Consello da Cultura Galega
Recolle as testemuñas de músicos e artesáns que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona
Faustino Santalices foi o modelo para a aprendizaxe autodidacta dos músicos que nos 70 e 80 volveron facer soar a zanfona até convertela nun dos instrumentos icónicos da recuperación da música tradicional. Na procura do son perdido.
A zanfona, memoria da Transición reúne as testemuñas de músicos e artesáns que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona nesas décadas. O filme, dirixido por Ramon Pinheiro e realizado para o Consello da Cultura Galega pola produtora Aqueladas e a Central Folque, inclúe imaxes da época, algunhas inéditas, cedidas polos propios protagonistas, arquivos particulares e públicos.
A estrea oficial e a posta na rede do documental terá lugar o 3 de outubro.