Un intento de adiantamento acaba en accidente no Rally Sur do Condado
Un intento de adiantamento acaba en accidente no Rally Sur do Condado
Nova vitoria de Víctor Senra, que se impuxo por 32 segundos a Alberto Meira
Un intento de adiantamento de Manuel Fernández a José Antonio Groba propiciou un grave accidente no Rally Sur do Condado, afortunadamente sen consecuencias para ningún dos dous pilotos.
No Rally, o triunfo foi para Víctor Senra, que se impuxo por diante de Alberto Meira, ao que lle sacou 32 segundos. Na terceira posición quedou Jorge Pérez, que ademais marcou os mellores tempos en dous treitos (TC10 e TC12).
Meira púxollo moi difícil a Senra, que colleu unha pequena vantaxe no TC2 de Mondariz (gañou por 17 segundos) e logo foi ampliando con moita dificultade esa marxe ata chegar aos 30 segundos. Meira impúxose en tres treitos e tentou apertar ata o final pero tivo que conformarse coa segunda posición.